martes, 11 de enero de 2011

Exposición na biblioteca: Lugares para soñar






Do día 10 ata o 17 de xaneiro,
podemos ver na biblioteca
os traballos feitos durante
o primeiro trimestre do
curso polos alumnos e
alumnas de 3º ESO A.
Estes traballos de xeografía forman parte do blog Antártida creado e moi ben cuidado por estes traballadores rapaces e rapazas de 3º. Na exposición contemplamos lugares cos que algunha vez soñamos e que desexamos ver polo menos unha vez nas nosas vidas. Entre estes lugares atopámonos a beleza das Illas Cíes, o exotismo de Seychelles, as praias paradisíacas de Hawai, o misterio de Pompeia e de Herculano, a impresionante panorámica desde o Everest (o teito do mundo), así como a xelidez de Islandia ou da Antártida. Disfrutade deses lugares e soñar...

lunes, 10 de enero de 2011

GUERRA E LITERATURA


Por desgracia as guerras son unha fonte ilimitada de inspiración na literatura, tanto en novela clásica como na novela gráfica, de feito faremos a seguinte entrada estará dedicada a literatura bélica, e os título que podedes atopar na biblioteca.
Namentras recomendámosvos a novela gráfica Vals con Bashir. Beirut, setembro do 1982. Mentras as tropas israelíes acordoan a zoa, as milicias cristiáns entran nos campos de refuxiados de Sabra e Chatila perpetran a masacre de centos, senon miles, de palestinos. Ari Folman, autor deste libro, foi uno deses soldados israelíes, e durante máis de vinte anos non logrou recordar nada do horror daquela noite nin das semanas siguintes.
Sen embargo, o soño recurrente e inquietante dun amigo motivao para buscar a verdade sobre a guerra do Líbano e encontrar respuesta a unha pregunta crucial: qué fixo durante as horas daquela despiadada matanza?.
A novela é a reconstrucción dunha experiencia esquecida. Unha valente denuncia do sensentido de tódolas guerras. Marcadamente orixinal tanto en forma como en enfoque, Vals con Bashir constitúe un dos testimonios máis lúcidos e sobrecolledores sobre feitos bélicos.

GRAFFITY POLA PAZ


Como sabedes o día 30 de Xaneiro é o día da Paz e da Non Violencia. Ademáis dunha actividade sobre a obra de Picasso O Guernica. Facemos mención non cadro estrela a artistas que traballan o tema da paz e non violencia nas súas obras, como Banksy, graffitero británico que se caracteriza por criticar duramente algúns aspectos da sociedade actual como o consumismo, os paparazzis, a realeza, a forzas do orden, e a guerra e a violencia.
Resulta difícil elexir o graffity para o cadro estrela xa que toda a sua obra é xenial, non credes?

PREPARANDO O DÍA DA PAZ


PISTA: Lider político coñecido polas súa filosofía da non volencia e coñecido como frases coma esta: “ Nuestra recompensa se encuentra en el esfuerzo y no en el resultado. Un esfuerzo total es una victoria completa”

martes, 4 de enero de 2011

PEQUENIÑOS TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN

O Departamento de Artes Plásticas quere compartir con vós os pequenos traballos de investigación, que realiza cos alunmos/as de 3º da ESO.





Para ver a páxina en garnde debedes ticar en full size.