martes, 12 de enero de 2010

O MEU LIBRO PREFERIDO por Ismael

O meu libro preferido o manga Naruto. Eu coñecín este comic fai dous anos cando estaba vendo a televisión e apareceu a serie animada co mesmo protagonista. Despois sentín curiosidade por saber máis e comencei a ler os comics. Agora sigo coleccionando os comics e xa teño máis de 30. Este manga xaponés gustame moito porque trata dun rapaz de 12 anos que todos rexeitan porque ten encerrado un monstro dentro, o único que busca o rapaz é o receñecemento dos demais a partir de aí vai facendo amigos entre eles dous dos seus compañeiros de clase e o seu mestre. Os libros que me gustan soen ter a mesma temática, aínda que tamén me gustan os libros de detectives. Este comic foi creado no ano 1999 e aínda sigue publicándose hoxe. A serie animada comezou a emitirse no ano 2002 e como o comic sigue emitíndose. Naruto converteuse no comic/serie dos máis vistos de Xapón. O seu autor é Masashi Kishimoto, famoso dibuxante nacido no ano 1974 en Nagi(Xapón) de pequeno era gran fan de Dragon Ball a serie que emitía a galega.

HISTORIA DUNHA FOTO: A MALLA por Paula


Na foto aparece miña bisavoa Inés nos anos 70. No momento da fotografía miña bisavoa atopábase na casa da súa filla en Nugallás onde naquel momento había a malla.
Esta labor consistía en reunirse os veciños da parroquia para mallar a colleita nas épocas de verán. Mozos e mozas aproveitaban para facerse as beiras e tamén cantaban regueifas para, de xeito indirecto mocear, e tamén traballar. Nestas reunións non só era traballar se non que tamén competían para ver quen facía o palleiro máis grande da parroquia. Como nese día se reuniron varios parentes, aproveitaron a xuntanza para facerse fotos todos xuntos.
Comezaba a malla en agosto levando os mollos, no carro, á eira. Este labor tense que facer moi cedo para que o sol quente o gran. Acoden entón tódolos veciños (homes, mulleres e nenos) e cada home leva o seu mallo ó lombo para bater nas espigas. Ó rematar a primeira volta, acoden as mulleres que, mentres os homes botan un trago, removen as pallas sacudíndoas contra as pernas, deixándoas ben peneiradas, a continuación os homes comezan a bina (segunda volta) do lado contrario ó anterior. Rematado este traballo, limpan o gran, para o que se usa unha pequena máquina, que alugan pagando unha tega (medida de capacidade para áridos) de gran. Unha vez venteado o gran, escólleno con zarandos ou cribos e méteno en sacos que miden co ferrado e que logo levan para a casa, botándoo en arcas que quedan abertas.
Inés naceu en Vilameñe , unha aldea de Taboada, onde pasou gran parte da súa longa e dificultosa vida. Máis tarde casou cun home chamado Antonio e logo trasladáronse a Cutián para estar máis cerca do resto da familia. Alí viviu co seu marido e cas súas fillas, Manuela e Otilia. En Cutián viviron ata o falecemento do meu bisavó , máis tarde a filla maior independizouse, casouse e tivo fillos en Nugallás .

HISTORIA DUNHA FOTO: A VODA por Ismael

Esta foto é do ano 1930 no concello de Antas de Ulla, na aldea de Casa de Naia. É un retrato nupcial do meu bisavó e a miña bisavoa. Formaban parte das clases sociais máis humildes, que se dedicaban a traballar a terra e a gandería. Ningún tiña estudos e dende pequenos dedicáronse ó traballo no campo primeiro axudando ós país logo de xeito autónomo. Naceron os dous en Casa de Naia froito de seu matrimonio tiveron un fillo e unha filla, por mor de complicacións no segundo parto a miña bisavoa faleceu.
Naqueles tempos moitas mozas casaban de negro unha estética algo inquietante, pero sen dúbida fascinante. O máis misterioso é a raíz desta tradición, na que ninguén se pon de acordo. Uns din que si perderan a algún ser querido antes de casar, seguían o loito na súa voda. Outros que era una maneira de aforrar e poder reutilizar o traxe con posterioridade, incluso hai quen di podería ser unha maneira de dar solemnidade á cerimonia relixiosa ou de achegar humildade ante o sacramento. Pero nada está claro.
Na tradición moderna, na cultura occidental, a cor dos vestidos de voda é branco. Utilizado neste sentido, o branco de voda inclúe tons pastel tales como ovo, cru ou marfil. A popularidade desta cor pode remontarse a 1840 ano en que se produciu a unión da raíña Victoria a Alberto de Saxe-Coburg. A raíña elixiu un vestido de cor branca para o acontecemento. A fotografía oficial do retrato de voda foi cumpridamente difundida e moitas noivas optaron por un vestido similar en honra a esa elección. Antes da era victoriana as noivas podíanse casar de calquera cor excepto vermello (que estaba relacionado coas prostitutas). O vestido branco veu a simbolizar a pureza do corazón e a inocencia da nenez. Unha atribución máis recente suxeriu que a cor branca simbolizaba a virxindade, pero esta pauta non cadra a miúdo con que as noivas utilicen os vestidos brancos para as súas sucesivas unións. Orixinariamente, o azul era a cor o que se relacionaba coa pureza.

domingo, 10 de enero de 2010

A NOITE DOS LIBROS VIVINTES



Noite máxica no Ies, obradoiros de cabazas, papiroflexia, relatos de medo, pelis de terror, sustos mil e poucas gañas de durmir. A noite dos libros vivintes xa deixou pegada. Grazas a todos!.

martes, 8 de diciembre de 2009

EL MISTERIO DE LA CRIPTA EMBRUJADA


O xoves pasado analizamos con éxito no Clube de Lectura do alumnado, El misterio de la cripra embrujada de Eduardo Mendoza. As críticas xerais foron positivas.

O comisario Flores é un inspector da Brigada de Investigación Criminal. Ante o caso da desaparición dunha nena dun colexio internado, o inspector decide buscar axuda nun antigo criminal que está nun manicomio. Así chegan a un trato entre o interno e o comisario: si axuda a resolver o caso, gañarase a liberdade.
Tras liberar ao interno do manicomio, este volverá a Barcelona tras 5 anos de illamento. Aínda que recuperou o control de si mesmo, segue tendo o seu vello instinto que lle permite inventarse identidades, suplantar a outros ou abrir portas sen chaves. Volverá ver á súa irmá e involucrarase nunha historia na que un adiñeirado industrial catalán quere esconder o corpo dun morto. Tentando tapar esta morte produciranse outras mortes, que o ex-interno conseguirá resolver coa axuda dunha ex-alumna do colexio, Mercedes. Ao final o caso péchase sen que se deteña a ninguén, polo ben de todos, e co interno de volta ao manicomio, xa que non se pode facer nada pola súa liberdade.