O pasado luns, no horario da titoría de 2º ESO, proxectouse na Biblioteca do IES de Monterroso, a película francesa de 2004 dirigida
por Christopher Barratier "Los chicos del coro" ("Les choristes")
Foi unha sesión de cine interdisciplinar xa que tomaron parte no
Proxecto as materias de
Francés,
Música, Xeografía e Hª, ademáis da Titoría e o
Equipo de Biblioteca. A actividade foi levada a cabo polas profesoras Ana de
Azevedo (Francés e Música) e Isabel González (Xeografía e Hª) e dirixida ao alumnado de 2º ESO A e B no horario no que
coinciden as Titorías (Luns pola tarde).Os obxectivos da actividade de cine foron os seguintes:
-
- Recoñecer
palabras e expresións en francés
-
- Desenvolver
o gusto musical e a sensibilidade artística
-
- Disfrutar
compartindo momentos de ocio a través do cine
-
- Reflexionar
sobre a historia e a educación
As actividades que se levaron a cabo foron:
-
- Reparto
da letra dos temas musicais da película: en francés e español
-
- Proxección
da película en español cos subtítulos das cancións en francés.
-
- Contexto
histórico no que se desenvolve a película
-
- A
educación na época na que se desenvolve a película e a educación hoxe.
Reflexión sobre a historia da educación
- - Comentar as escenas
que nos gustaron máis.
Cando é a próxima?
No hay comentarios:
Publicar un comentario