martes, 21 de diciembre de 2010

LECTURAS PARA LER E AGASALLAR

A Biblioteca do IES xa sabemos que estas vacacións tendes pensado ler moito, polo número de libros que prestamos estes días, ainda así recomendámosvos estes outros títulos, que están a vosa disposición na Biblioteca do IES.
Ademáis un libro sempre é un bo agasallo, e aquí tendes unhas cantas ideas para agasallar ou pedir os reis magos.
Se queredes saber sobre estes libros so tendes que picar sobre eles e enlazámosvos con páginas ou reseñas de interese, algunhas do propio libro.
Feliz Nadal e Feliz lectura!

Para ver o poster en grande picar en full size.

lunes, 20 de diciembre de 2010

POLA CARA



Cada semana poremos a fotografía dunha personaxe do mundo da cultura, deporte, cine, etc...e teredes que adiviñar de quen estamos a falar.
O final de mes faremos un agasallo a quen máis personaxes teña atinas.

PISTA: É ESCRITOR E SEU FILLO ERA UN DOS PROTAGONISTAS DO INTERNADO

jueves, 16 de diciembre de 2010

FELIZ NADAL

Esta quincena decisimos felicitarvos o Nadal con unha ilustración estrela moi especial, tratase de unha obra Norman Rockwell.


Este artista americano do S. XX dedicou a súa vida a ilustrar a sociedade americana, en diversas publicacións, incluso fixo anuncios para Coca-cola ou McDonald´s. A súa obra vai máis do casual e do anecdótico, é un documento gráfico da realidade dun tempo, e a pesar de seren un artista do século XX poderíamos vernos identificados perfectamente ca sociedade que en ocasións nos relata, especialmente co referente ao consumismo.


No seguinte enlace podedes atopar un interesante reportaxe sobre o artista; Las Navidades ilustradas por Norman, de onde sacamos esta marabillosa presentación:
















PREGUNTAS: ¿ PARA QUE MARCAS PUBLICITARIAS TRABALLOU DITO ARTISTA?
¿A QUÉ REFRESCO É O QUE BEBE PAPÁ NOEL?
¿PARA QUE PUBLICACIÓNS TRABALLOU?