jueves, 22 de diciembre de 2022

RECOMENDACIÓNS PARA NADAL

 O equipo da biblioteca quere desexarvos unhas marabillosas festas de Nadal. Por iso, e con todo o cariño, propoñemos estas lecturas para as vacacións.






NOVIDADES DECEMBRO

 Chegaron novos libros á biblioteca. Parécennos títulos moi interesantes. Podedes aproveitar el levar lectura para as vacacións de Nadal.





PRÉSTAMO DE LIBROS

Seleccionamos libros da biblioteca, sobre todo dos clubs de lectura de adultos, para que o profesorado e o persoal non docente acceda a eles con facilidade  e poida levalos en préstamo.



 

martes, 20 de diciembre de 2022

NOVEMBRO FOLK

 Neste mes os obradoiros desenvolvidos polo departamento de Plástica na biblioteca centráronse na elaboración de pendentes de fimo, atrapasoños, bordado de bolsas... Todo isto acompañado de música folk e traballos sobre seres mitolóxicos galegos que realizou o alumnado coa colaboración de EDL e o departamento de Lingua galega.











NOVIDADES NOVEMBRO

 Presentamos as novidades que foron chegando á biblioteca durante o mes de novembro.



DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Como todos os anos, conmemoramos o Día Contra a Violencia de Xénero con diferentes actividades:un obradoiro con alumnado de 3º de ESO, unha selección musical presentada por alumnas de 3º no recreo e un mural no que colaborou o departamento de Plástica.




jueves, 17 de noviembre de 2022

CAMPEONATO DE UNO

 Na Biblioteca, durante os recreos, haberá un campeonato de Uno. O alumnado interesado debe anotarse no papel que hai no taboleiro de actividades do recibidor.

Alí tamén están expostas as regras do xogo.

Esta actividade puntúa para o Concurso da Biblioteca.



NOVEMBRO FOLK

 Este mes estámolo adicando ao Folk, con música, obradoiros para facer atrapasoños, bordados e artesanía con fimo. Ademais, facemos exposicións con traballos do alumnado. Os obradoiros e as exposición realízanse gracias á colaboración do Departamento de Plástica.

O Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Lingua Galega colaboran con traballos de investigación do alumnado sobre seres míticos galegos.




martes, 15 de noviembre de 2022

CLUBS DE LECTURA

   Xa tivo lugar a primeira reunión do club de lectura de 3º ESO. Como vedes, o alumnado recibíu o agasallo deste ano. O libro que leron é Penúltimas tendencias, de Carlos Negro.



miércoles, 9 de noviembre de 2022

CONCURSO DE RECOLLIDA DE PILAS USADAS

    Dende a Biblioteca convocouse un concurso de recollida de pilas usadas. Os grupos que xunten máis pilas sumarán máis puntos para o Concurso da Biblioteca: 5 puntos a clase gañadora, 3 puntos a segunda clasificada e 1 punto a terceira.

   Na Biblioteca hai unhas caixas onde se poden depositar as pilas.



CLUBS DE LECTURA

 Xa están en marcha os clubs de lectura do instituto. O alumnado de 2º ESO está a ler  unha obra de Andrea Maceiras titulada O que sei do silencio.

  O alumnado participante nos clubs de lectura recibirá unha bolsa como agasallo.




lunes, 7 de noviembre de 2022

SAMAÍN

 Este ano, con motivo do Samaín, recomendamos lecturas de terror.


O Departamento de inglés e o e equipo de Biblioteca organzaron un concurso de postres de Halloween. Participaron moitas alumnas e alumnos con postres terroríficos.




Estes son as rapazas e rapaces que participaron:


A Biblioteca estivo ocupada por seres sobrenaturais.





No recreo, coa axuda do Equipo de Dinamización Lingüística, organizouse unha lectura de contos de terror. Grazas a Naiara e a Gema por axudarnos!



DÍA DAS BIBLIOTECAS

Aproveitamos esta celebración para que o alumnado de 1º ESO se achegase á biblioteca para familiarizarse co seu funcionamento. Con ese obxectivo, preparamos unha actividade máis lúdica.








jueves, 27 de octubre de 2022

CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

Un ano máis o Equipo e Dinamización Lingüística e a Biblioteca convocaron o  Concurso de relatos de terror. O último día para presentar os traballos será o 4 de novembro de 2022.

Podedes consultar as bases nos taboleiros do centro ou na Biblioteca.



viernes, 30 de septiembre de 2022

OUTUBRO POP

 Durante todo o mes de outubro adentrarémonos na cultura pop a través da música, a arte e obradoiros nos que o Departamento de Plástica colabora co Equipo de Biblioteca.






miércoles, 28 de septiembre de 2022

CONCURSO CONVOCADO POLA BIBLIOTECA

  Queres ir de excursión co teu grupo de clase? Tés esa posibilidade participando no concurso que convoca a Biblioteca.

   Podes ler as bases na propia Biblioteca o nos taboleiros das aulas.



jueves, 22 de septiembre de 2022

OBRADOIRO DE LETTERING

 O Departamento de Plástica e o Equipo de Biblioteca organizan un obradorio de lettering nos segundos recreos. Achégate á biblioteca se queres aprender a debuxar letras.



martes, 20 de septiembre de 2022

HORA DE LER

Poñemos en marcha a HORA DE LER o 26 de setembro a primeira hora.

Trátase de ler todos os días media hora: a primeira semana a primeira hora, a segunda semana a segunda hora, e así sucesivamente. 



CLUBS DE LECTURA

 Poñemos en marcha os clubs de lectura.

 Anímate e pasa pola biblio para anotarte!





jueves, 23 de junio de 2022

PREMIOS DO CONCURSO DE VIDEOPOEMAS

 Naiara Fernández, de 3º ESO, e Hugo Diéguez, de 2ª ESO, foron os gañadores do concurso de videopoemas organizado con motivo da Semana das Letras Galegas.



lunes, 13 de junio de 2022

CAMPAÑA DE LECTURA PARA O VERÁN

 Podes vir pola biblioteca buscar lectura para este verán. Tede en conta que a biblioteca estará aberta no mes de xullo pola mañá, de 9 a 14 horas, para facer préstamos e devolucións.


 

jueves, 2 de junio de 2022

NIN UN DÍA SEN POESÍA. XUÑO



Para o mes de xuño, para acabar o curso, seleccionamos este poema de Carlos Negro. Lédeo con calma e disfrutádeo.


 

PROPOSTA DE LECTURAS PARA O VERÁN

 Acércase o verán, e xa podemos pensar en coller algúns libros para ler nas vacacións. Por iso presentamos estas recomendacións: