viernes, 30 de abril de 2010

O ALIADO INESPERADO por Oscar

Os principais protagonistas do Aliado inesperado son un lobo ferido por un lazo de aceiro e un home ferido pola vida. A través dos recordos do home protagonista , que e o ultimo habitante do seu pequeno mundo , Xavier conta historias de tempos en que a loita contra os lobos se disfrazaba de necesidade para caer en ritos ateigados de crueldade , e outras máis actuais pero non menos inquietantes.
Gustoume porque fala de lobos e é un animal que me gusta.

EL NOMBRE DEL VIENTO por Andry


«Roubei princesas a reis agónicos. Incendiei a cidade de Trebon. Pasei a noite con Felurian e espertei vivo e cordo. Expulsáronme da Universidade a unha idade á que á maioría aínda non os deixan entrar. Percorrín de noite camiños dos que outros non se atreven a falar nin sequera de día. Falei con deuses, amei a mulleres e escrito cancións que fan chorar aos bardos.
Chámome Kvothe. Quizais oelles falar de min.»
Así nos dá a entrada ao seu libro Patrick Rothfuss.
O nome do vento é a biografia de Kvothe dividida en tres partes titulada Cronica do asasino de reis, orixinalmente chamábase A canción da chama e o trono que se dividiu pola súa gran extensión.Nesta historia ou primeira parte Kvothe, o músico, mago, asasino, heroe e esmoleiro comeza a contarnos a súa historia que é copiada por Devan Lochees mentres que o seu amigo Bast escoita atentamente á historia do seu titor e amigo. Contando a súa vivencia cos seus pais artistas itinerantes Edena Ruh, a súa vivencia en Tarbean como esmoleiro ,a súa estancia na universidade onde é un alumno altamente cualificado aínda que pobre.
O libro é facil de ler e extrañamente adictivo, escrito coma se dun poema se tratase, ten pequenos interludios mentres se conta a historia para que lembres que hai un presente e o que contan é un pasado, os capitulos son curtos ou polo menos non demasiado longos para non cansar ao lector. Un libro imprescindible si che gustou o Señor dos aneis.

LOS SIMPSON por Sergio

Sintome identificado con Bart porque e moi vago e non lle guta estudar,e fai moitas trasnadas.
Os seus persoaxes son:Marge, Homer, Lisa, Bart, Magie, sr Burns, Smithers...
Eu coñecin os Simpson primeiro na television e logo sen querer atopei os comics na biblioteca do instituto.

SLAM DUNK por Marc

Slam Dunk é un manga de 31 volumes obra de Takehiko Inoue que narra a historia dun estudante de universidade chamado Hanamichi Sakuragi, que sofre unha serie de rexeitamentos amorosos ata que un bo día coñece a unha moza chamada Haruko a quen lle fascina o baloncesto. Por mor disto Hanamichi finxirá ser un deportista e inscribirase no club de baloncesto do colexio coa esperanza de poder impresionala e saír con ela. Aínda que co tempo descubrirá no baloncesto un deporte que o esixirá e porá a proba sacando o mellor del. É unha manga con moitas doses de comedia, deporte e leccións de autosuperación. O manga conta ademais cunha serie de anime de 101 episodios máis un total de 4 películas. Foi publicado entre o 1990 e 1996 na revista Shonen Jump.
Este libro é ideal para os amantes do basquet e da comedia.

jueves, 15 de abril de 2010

EL ASESINATO DE LA PROFESORA DE LENGUA por Alex Crespo


Un grupo de rapazes son moi vagos e nunca atenden nas clase de Soledad ( a profesora de lingua castelá ) e a profesora xa esta farta de que os seus alumnos non atendan na súa clase e asegura que se non resolven as pistas que ela vai deixando ao final do dia asasinara a un dos seus alumnos.
Os alumnos perxudicados poñense en marcha para intentar que non os mate a súa profesora resolvendo as pistas que deixaba por toda a cidade, os rapaces recorren a urbe en busca destas pistas.
Os rapazes precisaban axuda nalgunhas probas e por eso levaban con eles a unha das mellores alumnas da súa clase . Foron pasando as horas e con elas a tarde e cando parecía que a ameaza se ía cumprir encontraron a pista final e correron o lugar donde a Sra. Soledad e os seus compañeiros os estaban a esperar.
O autor deste libro é Jordi Sierra i Fabra, gustoume porque eu son bastante vago e identifícome con algún dos rapaces que aparecen no libro.

martes, 13 de abril de 2010

DÍA DO LIBRO

Estamos preparando unha sorpresa para o día 23. Como sabedes celebramos o día do libro. De momento boa parte do alumnado está cubrindo unhas tarxetas, que se entregarán nesa data, recomendando un libro a un compañeiro/compañeira, ou a algún profesor/profesora. Trátase de que ninguén quede fora e leve para casa unha idea para mercar un libro o venres 23 de maio.