martes, 15 de mayo de 2018

DONACIÓN DE LIBROS

Gustaríanos agradecer á profesora de Lingua Castelá Marta Ramos Ansedes a donación de libros para a Biblioteca.







Algúns dos libros donados á Biblioteca pódense ver nestas fotos.

LECTOR@S DA ULLOA

  Nos meses de marzo e abril no club de lectura de nais/pais e profesorado lemos dous libros.
     En castelán lemos Más allá del invierno, de Isabel Allende.

 


   En xeral, o que nos resultou máis interesante foi a historia pasada dos protagonistas, que van recordando a súa vida ao tempo que na actualidade viven unha aventura cando o azar os reúne aos tres. O que máis sobresae dese pasado é a violencia que marca a súa existencia e a historia de moitos países de América Latina.
   É unha novela que resulta fácil de ler, pero en xeral coincidimos en que preferimos as primeiras obras de Isabel Allende, como La casa de los espíritus, Eva Luna ou De amor y de sombra...
   A lectura desta novela orixinou un interesante debate sobre o azar, sobre a causalidade e a casualidade.






                                                                  En galego lemos Anagnórise, de María Victoria Moreno.

  




   Esta novela servíu para que moitos de nós coñecésemos a esta escritora á que se lle adica o Día das Letras Galegas neste ano 2018.
    Destacamos desta obra como o protagonista se vai descubrindo a si mesmo ao longo da viaxe que emprende en autostop cara Madrid. Este descubrimento é posible grazas á muller que o recolle no seu coche, que constantemente lle lanzaba "dardos" para facelo reaccionar.
     

lunes, 7 de mayo de 2018

SEMANA DO LIBRO


Este ano decidimos adicar a Semana do Libro á novela de Antoine de Saint-Exupéry, O Principiño, para conmemorar o 75 aniversario da súa publicación.
O departamento de Educación Plástica encargouse da decoración.



As alumnas de francés de 2º de Bacharelato deron a coñecer esta obra ao alumnado máis novo, de 1º, 2º e 3º de ESO: realizaron lecturas de varios capítulos en francés e en galego e interactuaron cos seus compañeiros/as para faciliar a interpretación dalgúns episodios.


O departamento de Lingua castelá convocou un concurso. A partir da lectura do Principiño, o alumnado participante podía resolver preguntas e encrucillados, que ían dando acceso a diferentes premios. Foron 6 os/as finalistas, que puideron participar no sorteo dunha tablet. O premiado foi Pablo Gómez García, de 1º ESO A. Os outros 5 finalistas gañaron uns altavoces inalámbricos.
Estas actividades contaron coa colaboración do Equipo de Biblioteca.