jueves, 28 de diciembre de 2017

FALSOS MITOS DO AMOR ROMÁNTICO

   Con motivo da conmemoración do Día internacional contra a violencia de xénero, o alumnado de Educación Plástica realizou uns traballos para concienciar aos seus compañeiros e compañeiras sobre a necesidade de acabar con este tipo de violencia e cos falsos mitos sobre o amor romántico que aínda están vixentes hoxe en día.

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2017

   O pasado 21 de decembro entregáronse os premios do concurso de postais de Nadal. Na categoría de 1º/2º ESO gañaron Lucía Vázquez e Natalia Fernández, de 1º e na categoría de 3º/4º ESO gañaron Raquel Fernández e Aldara Gontá, de 3º.


ENRÉDATE COA LECTURA



   O alumnado do club de lectura "Enrédate coa lectura" de 3º de ESO vén de ler unha antoloxía de relatos titulada Ninguén está só. 21 autores a prol dos dereitos humanos.
Inclúe contos de escritores como Fran Alonso, Paula Carballeira, Fina Casalderrey, Agustín Fernández Paz, Jaureguizar, Paco Martín, Antonio Reigosa, Helena Villar Janeiro, entre outros.
   Un dos relatos que máis impactou aos rapaces e rapazas é "Barbazul", de Paula Carballeira.
   Para completar a lectura, e tomando esta obra como punto de partida, o alumnado buscou exemplos de poemas solidarios en diferentes linguas.

viernes, 15 de diciembre de 2017

Ler e Ver no Nadal

Estas son as nosas propostas para disfrutar ainda máis das vacacións do Nadal