Chegaron moitos libros informativos de temática moi vairada: música, fotografía, historia, ciencias...
Achégate á Biblioteca a botar un ollo. Son moi interesantes.
A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
Chegaron moitos libros informativos de temática moi vairada: música, fotografía, historia, ciencias...
Achégate á Biblioteca a botar un ollo. Son moi interesantes.
Alumnado de varios cursos está a facer diferentes actividades sobre a figura de Florencio Delgado Gurriarán. Para buscar a información, os rapaces e rapazas visitan a exposición que temos no soto, frente á biblioteca.
O noso eslogan para este ano é "A festa das nosas letras".
Hoxe iniciamos a conmemoración do Día das Letras Galegas. No recreo tivo lugar un acto organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística e o Equipo de Biblioteca.
Nerea Gómez e Rodrigo Otero, de 4º e 3º de ESO respectivamente, explicaron aspectos da vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán. Posteriormente, contamos coa colaboración de Falcatrueiros. Un grupo de alumnas e alumnos que forman parte desa asociación actuou ante todos nós para celebrar a Festa das Nosas Letras.
Seguimos recuperando clásicos da banda deseñada. Neste caso contamos coa colaboración do alumnado de 1º ESO, que realizaron uns fermosos traballos sobre Mafalda e unhas chamativas onomatopeas na clase de Educación Plástica.
O xoves 5 maio visitounos Xosé Luis Vázquez Somoza. Falou con parte do alumnado de ESO sobre a súa novela O conserxe. Esta obra lérona as rapazas e rapaces de 4º ESO e o alumnado de tres dos nosos clubs de lectura.