jueves, 17 de noviembre de 2022

CAMPEONATO DE UNO

 Na Biblioteca, durante os recreos, haberá un campeonato de Uno. O alumnado interesado debe anotarse no papel que hai no taboleiro de actividades do recibidor.

Alí tamén están expostas as regras do xogo.

Esta actividade puntúa para o Concurso da Biblioteca.



NOVEMBRO FOLK

 Este mes estámolo adicando ao Folk, con música, obradoiros para facer atrapasoños, bordados e artesanía con fimo. Ademais, facemos exposicións con traballos do alumnado. Os obradoiros e as exposición realízanse gracias á colaboración do Departamento de Plástica.

O Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Lingua Galega colaboran con traballos de investigación do alumnado sobre seres míticos galegos.




martes, 15 de noviembre de 2022

CLUBS DE LECTURA

   Xa tivo lugar a primeira reunión do club de lectura de 3º ESO. Como vedes, o alumnado recibíu o agasallo deste ano. O libro que leron é Penúltimas tendencias, de Carlos Negro.



miércoles, 9 de noviembre de 2022

CONCURSO DE RECOLLIDA DE PILAS USADAS

    Dende a Biblioteca convocouse un concurso de recollida de pilas usadas. Os grupos que xunten máis pilas sumarán máis puntos para o Concurso da Biblioteca: 5 puntos a clase gañadora, 3 puntos a segunda clasificada e 1 punto a terceira.

   Na Biblioteca hai unhas caixas onde se poden depositar as pilas.



CLUBS DE LECTURA

 Xa están en marcha os clubs de lectura do instituto. O alumnado de 2º ESO está a ler  unha obra de Andrea Maceiras titulada O que sei do silencio.

  O alumnado participante nos clubs de lectura recibirá unha bolsa como agasallo.




lunes, 7 de noviembre de 2022

SAMAÍN

 Este ano, con motivo do Samaín, recomendamos lecturas de terror.


O Departamento de inglés e o e equipo de Biblioteca organzaron un concurso de postres de Halloween. Participaron moitas alumnas e alumnos con postres terroríficos.




Estes son as rapazas e rapaces que participaron:


A Biblioteca estivo ocupada por seres sobrenaturais.





No recreo, coa axuda do Equipo de Dinamización Lingüística, organizouse unha lectura de contos de terror. Grazas a Naiara e a Gema por axudarnos!



DÍA DAS BIBLIOTECAS

Aproveitamos esta celebración para que o alumnado de 1º ESO se achegase á biblioteca para familiarizarse co seu funcionamento. Con ese obxectivo, preparamos unha actividade máis lúdica.