O libro de lectura deste mes no club de pais e nais "Lector@s da Ulloa" é "As voces baixas" de Manuel Rivas. É unha autobiografía do propio autor, da súa infancia, doas súas lembranzas e da súa primeira xuventude. Á vez, é unha biografía colectiva da xente do común ambientada na pequena aldea do Castro de Elviña, nas aforas dunha cidade en crecemento, A Coruña. A propia aldea de Castro, o cemiterio de san Amaro, a rúa da Marola perto da Torre, a prisión provincial, o instituto mixto de Monelos ou a enxebre taberna Dos Beléns tamén de Monelos son os lugares que poboan esta novela de Manuel Rivas na que nos amosa que son as voces baixas. Estas son as lembranzas, os murmurios dos nenos e tamén as voces prohibidas dos anos do franquismo...
Á vez, Manuel Rivas, réndelle homenaxe a súa irmá María, muller que se adiantou ao seu tempo e que morreu moi nova.
Manuel Rivas indica que esta obra é un libro do principio e do final.
A vindeira lectura do club é "El señor de las moscas" de William Golding, un clásico da literatura contemporanea. A reunión, o último luns do mes (28 de abril).
A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
lunes, 31 de marzo de 2014
lunes, 10 de marzo de 2014
Día 8 de marzo: A muller no cine
O cine é reflexo da realidade. A evolución e a transformación da muller non é indiferente na gran pantalla. O cine ten o papel de amosar as desigualdades, de denunciar e ensinar o que ocorre na realidade. Non só a través das temáticas senón tamén a través dos diversos oficios do cine, no que as mulleres están moi presentes e moi valoradas.
En “Libertarias” de
Vicente Aranda, un grupo de mulleres anarquistas queren loitar durante a Guerra Civil
española. O seu soño era o da igualdade social entre homes e mulleres. O filme
amosa a loita polos dereitos acadados durante a II República e arrebatados
despois durante a Dictadura franquista.
“La sonrisa de la Mona
Lisa” de Nike Newell é un filme cuxa acción se desenvolve nos anos 50 en EEUU. Unha profesora de Historia da Arte chega a una
universidade para darle clase a un colectivo de rapazas novas e ricas. Nesta
película faise una crítica á sociedade patriarcal e á imposición social de que
a muller ten que depender económica e socialmente do seu home.
"Coco Chanel" de Anne Fontaine amosa o camino que segue una rapaza francesa de familia modesta para converterse nunha das deseñadoras máis famosas do mundo. Coco loita polo que desexa nun mundo de homes. Cos seus deseños de roupa tamén transforma o modelo de muller baseado na independencia e o carácter.
"Coco Chanel" de Anne Fontaine amosa o camino que segue una rapaza francesa de familia modesta para converterse nunha das deseñadoras máis famosas do mundo. Coco loita polo que desexa nun mundo de homes. Cos seus deseños de roupa tamén transforma o modelo de muller baseado na independencia e o carácter.
"Piedras" de Ramón Salazar conta a historia de cinco mulleres moi diferentes pero que comparten o
espírito de superación. Anita, e a súa
filla discapacitada, conseguen saír adiante; Isabel trata de volcarse no
traballo para esquecer ao seu home maltratador; Mari Carmen conduce un taxi e
convírtese en cabeza de familia tras a norte do seu esposo. Todas son mulleres
loitadoras e traballadoras.
"Las mujeres de verdad tienen curvas" é unha película mexicana cuxa acción se desenvolve en EEUU e aborda a presión social á que está sometida a
muller. Conta a historia dunha moza que consegue acceder a un bo instituto como
estudante. Sen embargo, a súa familia a intenta convencer de que o seu destino
consiste en casar e compracer ao seu home. A protagonista pide una beca para
estudar e toma as rendas da súa vida.
"En tierra de hombres" de Niki Caro conta a historia dunha nai cos seus fillos e tras un divorcio regresa ao seu pobo natal no
norte de Minessota. Para sair adiante busca traballo nas minas de ferro. O
filme amosa a desigualdade laboral que sofren as mulleres e intenta concienciar
á sociedade de que os traballos non son exclusivos de homes ou mulleres.
" Kandahar" de Unha periodista afgana ten que refuxiarse en Canadá pois a represión que
sofre a muller no seu país de orixe lle impide desenvolver a súa profesión.
Esta filme é un reflexo da situación da muller en Oriente Medio, donde ten que
vivir privada de todos os dereitos. Amósase, ó mesmo tempo, o contraste no día
a día entre Canadá e a vida diaria en Afganistán.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)