A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
martes, 25 de febrero de 2014
Cadro estrela da semana: "A habitación de Arles" de Vincent Van Gogh
martes, 4 de febrero de 2014
Cadro estrela da semana: "A virxe do chanceler Rolin"
"A virxe do Chanceller Rolin" trátase dunha pintura primitiva flamenca do s. XV. O seu autor é Jan Van Eyck.
O cadro recolle o momento en que o Chanceler ora á virxe María. É un retrato, xénero novedoso a finais da Idade Media que terá unha gran importancia no Renacemento. Trátase dunha temática relixiosa pero aparece desacralizada, os personaxes atópanse nunha estancia do século XV e visten ropaxes contemporáneos moi luxosos.
Olalla Vázquez, 2º BAC A
martes, 14 de enero de 2014
Cadro-estrela: "O matrimonio Arnolfini"
"O matrimonio Arnolfini" é unha obra de Van Eyck, artista que vivíu en Flandes, unha zona de gran importancia mercantil na Baixa Idade Media e na que se consolida o ascenso dun grupo social enriquecido polo comercio: a burguesía.
O cadro é un retrato dunha parella no momento da realización da cerimonia sagrada do matrimonio. Na pintura todos os obxectos teñen un significado en relación co tema do matrimonio. Así, o can que aparece no primeiro plano simboliza a fidelidade; as mazás xunto a ventana teñen relación co pecado orixinal, o ventre abultado da muller refírese á maternidade futura da muller; o cadro sobre a cama representa a Santa Margarita, patroa dos partos; a lámpada cunha luz acea que ilumina a estancia amosa unha unión sagrada por Deus.
O que nos chama máis a atención é o espello que aparece ao fondo e que reflicte a escea nupcial. Representa o triunfo da perspectiva no cadro. Sobre este, a firma do autor e que confirma dalgunha maneira a escea representada: Jan Van Eyck estivo aquí.
Van Eyck xeraliza o emprego do óleo na pintura o que vai permitir o máximo detallismo dos obxectos que aparecen no cadro e acada un nome na historia da pintura universal debido aos logros experimentados na perspectiva e a luz na súa obra.
Ezra Bueno, 2º BAC A
viernes, 15 de noviembre de 2013
"Un día de choiva" de Caillebotte
"Rúa de París nun día de choiva" amósanos o estilo particular do artista francés Gustave Caillebotte. Encadrámolo nun realismo case fotográfico, moi minucioso, pero a súa pintura achégase ao Impresionismo de Renoir. Os seus cadros presentan a vida cotiá parisiense nas súas rúas. Neste caso semella unha instantánea que sitúa ao espectador nunha encrucillada de rúas no París de Haussmann, o gran urbanista que cambia a face da capital francesa no século XIX. Haussmann derriba o caótico París medieval e abre amplias avenidas con grandes perspectivas que Caillebotte plasmou nas súas obras.
martes, 2 de abril de 2013
Cadro-estrela da semana: A Gioconda
A Gioconda é unha das obras máis famosas da historia da arte universal. Todos coñecemos esta pintura dun dos grandes homes do Renacemento, Leonardo Da Vinci.
A Gioconda ou A Mona Lisa foi pintada no século XVI. Hoxe en día podemos admirar esta obra no Museo do Louvre de París. Trátase do retrato dunha muller. Non sabemos a ciencia certa quen foi, algúns din que se trata de Isabella D'Este, amante do propio Leonardo.
A obra foi pintada coa chamada técnica do sfumato, innovación de Leonardo. No cadro non existen liñas, os contornos aparecen diluidos pola atmosfera.
O que máis nos chama a atención deste retrato é a sonrisa enigmática da muller retratada. Que nos trata de transmitir?
A Gioconda recréase ao longo da historia da arte, no cine e na literatura. Un referente na historia sen dúbida.
![]() |
| Mona Lisa de Bansky |
| Gioconda con bigote de Duchamp |
| Mona Lisa de Botero |
![]() |
| Mona Lisa de Lichtenstein |
jueves, 22 de noviembre de 2012
"Over my dead body" de Mona Hatoum
"Over my dead body" ("Sobre mi cadáver") é o título do cadro da artista Mona Hatoum. ésta aparece representada de perfil mirando, con altivez, a un soldado de xoguete que se atopa sobre o seu nariz, tan molesto como se de unha mosca se tratase.
A mensaxe é clara e contundente; a guerra e a opresión son realidades cuxa importancia non debe reducirse. Por desgracia, no mundo no que vivimos, aínda que tentamos a reducir e ver os conflitos que existen en numerosas partes do mundo, éstes seguen ahí e nos atañen a todos.
Mona Hatoum naceu en Beirut no seno dunha familia palestina. É unha das artistas máis recoñecidas no panorama artístico contemporáneo.
miércoles, 17 de octubre de 2012
Cadro-estrela da semana: "La bola de cristal"
A continuación, os alumnos de 1º ESO opinan sobre o cadro:
"Gústanos este cadro porque presenta un debuxo perfecto, cunha cor moi intensa, un vermello que parece terciopelo... O rostro da muller, a bola e a calavera causan moita intriga..."
Carmen Barrul e Jose Luis Fernandes
"Un cadro misterioso, gústame..."
Raúl Ríos
jueves, 12 de abril de 2012
Historia dun cadro: A muller que asasinou a Marat

Marie Anne Corday d'Armont, coñecida como Charlotte Corday, foi a asasina de Marat. Na época na que os xirondinos loitaban contra os xacobinos polo poder en tempos da Revolución Francesa , Corday codeábase cos principais políticos desenvolvendo o seu odio cara a Marat. Escribiulle varias cartas facéndose pasar por unha admiradora, e despois dunha rápida viaxe a París presentouse na súa casa a noite do once de xullo de 1793. Marat recibiuna na bañera, cun tableiro de apoio no que escribía as súas cartas, tal como aparece no famoso cadro do pintor J. L. David . Marat pide a Charlotte a lista dos principais xirondinos e anuncia a Charlotte que serán guillotinados. Ela responde cravándolle unha daga no corazón.Charlotte foi detida e morre na guillotina o mesmo ano da morte de Marat. Corrría o ano 1793, ano II da Revolución.


