viernes, 2 de diciembre de 2016

ZAPATILLAS ROTAS

Lector@as da Ulloa, o club de lectura de adultos do IES de Monterroso tivemos a primeira xuntanza do curso. Falamos das miserias e debilidades da nosa sociedade ó fío de Zapatillas Rotas de Xabier Quiroga.Manolo, Pedro, Maricarmen, Filo, Asun, Olga, Maricarmen, María....o que está detras da cámara e alguén que faltaba.
A vindeira xuntanza é o 31 de xaneiro. E ata daquela temos un par de libros para ler: La Catedral del Mar de Ildefonso Falcones e Cabalos e Lobos de Fran P. Lorenzo

martes, 8 de noviembre de 2016

APERTURA DO PANO DOS CLUBES DE LECTURA

Arrancamos cos Clubes de Lectura do curso 2016-17. No Club "Enrédate coa Lectura", este curso contamos con dous grupos de 1º e 2º de ESO, de 10 e 5 membros; e un grupo de 3º/4º de ESO, de 11 membros. O grupo de adultos, "Lector@as da Ulloa", formado por nais/pais/profesorado e personal non docente, con 13 membros.
Velaí as imaxes da 1ª xuntanza (só dous grupos inmortalizaron o momento. Na seguinte xuntanza subiremos ós outros)

O plan de lectura destes grupos é o seguinte:
Os grupos de 1º/2º de ESO leran estas obras.
 El asesinato de la profesora de lengua. Jordi Sierra i Fabra

Cartas de inverno. Agustín Fernández Paz
Manolito Gafotas. Elvira Lindo
Escarlatina a cociñeira defunta. Ledicia Costas
Unha cabana na lúa. Jauréguizar
O carteiro de Bagdad. Marcos Sánchez Calveiro

O grupo de 3º/4º lerá
 Penúltimas tendencias. Carlos Negro

O centro do labirinto. Agustín Fernández Paz
Europa express. Andrea Maceiras
El manuscrito de piedra. Luis García Jambrina
La llave de Sarah. Tatiana de Rosnay
El hijo del pintor. Marinella Terzi

E o grupo de adultos disfrutrá da lectura de
  As rapazas de Xan. Manuel Iglesias Turnes

 Cabalos e lobos. Fran Lorenzo
 La delicadeza. David Foenkinos
Intempérie. Jesús Carrasco
La nieta del señor Linh. Philippe Claudel
Zapatillas rotas.  Xabier Quiroga
Reservas: La traductora. Leila Aboulela. La catedral del mar. Ildefonso Falcones

sábado, 29 de octubre de 2016

UNHA BIBLIOTECA TERRORÍFICA

Onte, venres 28, as dúas últimas horas de clase do alumnado de 1º e 2º de ESO do noso Instituto foron terroríficas. Disfrazados para a ocasión, desplazámonos á Biblioteca, ambientda tamén, para estremecernos con relatos de terror e coa proxección dun curto terrorífico e arrepiante. Lemos relatos de
Noite de voraces sombras, de Agustín Fernández Paz,
Cuentos de miedo. Solo para jóvenes intrépidos, VVAA;
Retrum. Cuando estuvimos muertos, de Francesc Miralles;
Historias de fantasmas. Relatos de terror y misterio. VVAA
Contos de medo no museo. Relatos do museo provincial de lugo. VVAA

 
 


 


 



miércoles, 22 de junio de 2016

Lecturas para o verán

Recomendacións lectoras para que non te aburras nas vacacións


E fomos a Santiago de Compostela

Os integrantes (non todos), dos clubs de lectura de 1º e 2º de ESO, xunto cos do IES do Camiño de Palas de Rei, o 18 de maio, fomos a Santiago de Compostela. Visitamos o Museo da Pedagoxía de Galicia e logo tivemos unha interesante actividade con libros na Librería Aenea.