lunes, 23 de diciembre de 2019

LER E VER NO NADAL 2019

Algunhas recomendacións para estes días de descanso...




jueves, 5 de diciembre de 2019

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


   Na semana do 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero en colaboración co Concello de Monterroso, co CEIP de Monterroso e co CEIP de Antas de Ulla, tal e   como vimos facendo dende hai uns anos.                                                                                                

   O día 25 o alumnado de 4ª ESO e 1º de Bac. tivo a oportunidade de participar nunha charla, organizada polo departamento de Orientación, sobre a prevención da violencia de xénero.



   O mesmo día, o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO desprazouse ata o CEIP de Monterroso para participar nun partido solidario.
Alumnos e alumnas de primaria e secundaria leron diferentes manifestos contra a violencia de xénero. Acto seguido gardouse un minuto de silencio e finalmente rapaces e rapazas do CEIP de Antas de Ulla, do CEIP de Monterroso e do noso centro xogaron varios partidos.





   O xoves 28 de novembro o alumnado de 2º ESO reuníuse na Biblioteca para participar nunha lectura de poemas nas diferentes linguas que se imparten no centro: castelán, galego, inglés e francés. Os textos seleccionados tiñan como tema común a igualdade.



O venres 29 de novembro o alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato asistíu a unha representación teatral no Centro Sociocultural de Monterroso. A obra, Mariposas negras, foi patrocinada polo Concello de Monterroso.
Ao tratarse dunha sesión de teatro foro, o alumnado tivo a oportunidade de opinar, preguntar e incluso participar na propia representación.




Ademais, os alumnos e alumnas de 3º ESO B realizaron traballos contra a violencia de xénero que están expostos no recibidor do centro.



jueves, 28 de noviembre de 2019

LECTOR@S DA ULLOA

Neste mes de novembro, no club de lectura "Lector@s da Ulloa" lemos Fóra de si, de Suso de Toro.



Deste libro destacamos sobre todo dous aspectos que nos pareceron máis interesantes:
O protagonista, un home a punto de xubilarse, que vive un momento de crise persoal e profesional que o leva a romper coa súa vida anterior.
O uso de monólogo interior e diálogo, sen que apareza o narrador.

martes, 5 de noviembre de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2019

 Este curso celebramos de novo o Día das Bibliotecas.



Nesta ocasión centrámonos na formación de usuarios, para acercar ao alumnado de 1º de ESO á Biblioteca.


Despois de recibir unha explicación sobre a ubicación dos fondos na Biblioteca, as alumnas e alumnos participaron nun concurso.



lunes, 14 de octubre de 2019

CERTAME LITERARIO CON MOTIVO DO SAMAÍN

   Un ano máis o equipo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística convocan o concurso de relatos de terror por estas datas nas que conmemoramos o Samaín.





  Se queredes participar, lede con atención as bases.





E para ambientarnos, un decorado terrorífico no recibidor do instituto.




CLUBS DE LECTURA NO CURSO 2019-20

Empezou o novo curso e, como todos os anos, comezan as lecturas e as reunións dos distintos clubs de lectura que hai no centro.



Invitamos ao alumnado e aos pais e nais a que se anoten nun dos clubs de lectura.





 



domingo, 19 de mayo de 2019

SEMANA DO LIBRO



No IES Monterroso celebramos a Semana do Libro entre os días 23 e 26 de abril con diferentes actividades promovidas polo Equipo de Biblioteca, o Departamento de Artes Plásticas, o Departamento de Lingua Castelá e Vicedirección.



Decidiuse achegar fondos da Biblioteca relacionados co cómic ao alumnado, expoñendo algunhas obras no vestíbulo.




O alumnado de Debuxo complementou a actividade ilustrando personaxes de cómic.



Tamén no Departamento de Artes Plásticas realizáronse actividades de animación á lectura, escribindo microcontos, ilustrando poemas e frases feitas.




O alumnado de 1º ESO fixo algunas recomendacións de lectura aos compañeiros e compañeiras doutros cursos.




Aproveitando algún recreo, alumnado voluntario da ESO leu algúns fragmentos do Quixote.


martes, 7 de mayo de 2019

SEMANA CULTURAL 2019

Neste curso 2018-2019 celbramos a Semana Cultural entre os días 8 e 12 de abril. Nestes días mesturamos as clases con outras actividades, coas que pretendemos poñer en contacto ao alumnado con outras formas de arte e cultura.






 
 


Os rapaces e rapazas puideron participar en obradoiros do máis variado: rap, fotografía con smartphone, ilustración, convivencia, bordado, elaboración de murais, creatividade, relaxación, defensa persoal, graffiti, hip-hop, poesía, ciencias,  títeres e sexualidade.



 

 



Ademais, celebráronse diferentes charlas e conferencias sobre biotecnoloxía, a guerra civil, ciberacoso, cine, toponimia, solidaridade lucense na India e sobre a oferta educativa da Escola de Hostelería de Santiago.

 

 

 

 


O alumnado da ESO visitou a exposición aberta no pobo de Monterroso sobre Yebra de Ares. Tanto nesta visita, como nalgunha das conferencias, temos que agadecer a colaboración do Instituto de Estudos Ulloáns.

UNHA LECTURA INTERESANTE NO MES DE MARZO



Esta novela da escritora canadiense A.S.A. Harrison tivo moi boa acollida no clube de lectura Lector@s da Ulloa.
É unha lectura entretida, que mantén a intriga ata o final, aínda que o crime xa se anuncia dende o inicio da historia.
A vida en parella, a vida conxugal, o amor ilícito e adúltero... están presentados de forma analítica e cun enfoque psicolóxico moi interesante.

lunes, 11 de marzo de 2019

LECTURA DO MES DE FEBREIRO

No club de lectura Lector@s da Ulloa lemos neste mes o libro de Isaac Rosa titulado La mano invisible. Trátase dunha novela moi densa que xira en torno ao mundo do traballo, facendo unha dura crítica a algúns sectores do mundo laboral.
Pareceunos especialmente destacable a monotonía que domina a maioría destes traballos e o empeño que poñen estes personaxes en facer ben o seu labor, aínda sabendo que non ten ningunha utilidade.

jueves, 21 de febrero de 2019

ENCONTRO COA ESCRITORA ANTÍA YÁÑEZ

 O martes 19 de febreiro visitounos Antía Yáñez. Participaron no encontro coa escritora o alumnado de 1º ESO e as alumnas e alumnos dos clubs de lectura do centro.



Antía Yáñez falounos dos seus libros e contestou as preguntas dos rapaces e rapazas. A súa obra titulada O misterio de Portomarín foi lida por todo o alumnado de 1º ESO. No club de lectura de 4º de ESO leuse Senlleiras.
Finalmente firmou e dedicou exemplares dos seus libros aos alumnos e alumnas que llo solicitaron.