A obra proposta é o retrato de Marilyn Monroe, do artista pop Andy
Warhol
O Pop Art é un movemento
artístico que nace a mediados dos anos 50 en Reino Unido (David Hockney) e nos
Estados Unidos (Warhol, Lichtenstein, Wesselmann), acadando a súa plenitude nos
anos 60.
As obras do arte pop
teñen un marcado carácter figurativo, apoiado na imaxinaría do mundo do consumo
e da cultura popular: anuncios, revistas, periódicos, cómics, personaxes
famosas ou obxectos cotiáns de consumo. Unha arte de fácil comprensión que se contrapón
frontalmente coa excesiva intelectualización do Expresionismo abstracto (Pollock,
Rothko, De Kooning). Ademáis, téntase achegar a obra de arte ás masas,
repetindo en series as súas obras a través de medios mecánicos e semiautomáticos.
Entre os máximos representantes
do Pop Art destaca a personalidade do norteamericano Andy Warhol, autor
da obra que nos ocupa. Son famosas, por exemplo, as súas latas de sopas
Campbell's, ou de botellas de Coca-Cola, os retratos serigrafiados de
personaxes famosos como Liz Taylor, Marilyn Monroe ou Elvis Presley, cun estilo
moi similar ós anuncios publicitarios.
Xunto a Warhol tamén deben
mencionarse outros artistas como Roy Lichtenstein ou Tom Wesselmann. En
Inglaterra, os representantes máis importantes foron Eduardo Paolozzi e David
Hockney.
A traxectoria de Warhol comeza
primeiro coa reproducción de tiras cómicas e publicitarias para logo centrarse
na realización de imaxes de obxectos cotiáns, así como retratos das personaxes
máis célebres da súa época, utilizando principalmente a técnica da serigrafía.
En efecto, a serigrafía de
Marilyn Monroe é unha das obras máis coñecidas de Warhol, nela reprodúcese unha
fotografía da sex-symbol dos 50.
A imaxe amosa a face da diva,
elaborada con formas simples e sen excesivos detalles, destacando nela as cores
vivas e os contrastes cromáticos. Non hai perspectiva, a obra configúrase en
dous planos coma nos anuncios publicitarios.
A técnica da serigrafía
permítelle ó artista reproducir a súa obra ata a saciedade, algo que se
convertiría nun selo persoal de Warhol. Máis alá da representación da cara de
Marilyn, Warhol explora na súa obra a banalidade e fugacidade da fama (non fai
falta recordar o tráxico destino de Marilyn Monroe), e como a sociedade crea
íconos de masas.
O Pop Art é unha nova
tendencia artística que xorde despois da Segunda Guerra Mundial e que tenta
recuperar a complicidade do público levando ó museo elementos da cultura
popular e de masas.
Emilio Gómez Méndez, 2º BAC A
No hay comentarios:
Publicar un comentario