jueves, 26 de mayo de 2022

POESÍA VISUAL

 Aquí temos uns preciosos traballos de escritura e animación á lectura realizados polo alumnado de 1º ESO na materia de Educación Plástica. 


 

Para velos é preciso utilizar este enlace:

👇

 POESÍA VISUAL

 






 

miércoles, 25 de mayo de 2022

STOP LGTBIFOBIA

 Con motivo do Día contra a LGTBIfobia aproveitamos para dar a coñecer ao alumnado as novidades de lecturas LGTBI que chegaron á Biblioteca, ao tempo que concienciamos ás rapazas e rapaces sobre o problema que supoñen a homofobia, a transfobia e a bifobia.



jueves, 19 de mayo de 2022

MÁIS NOVIDADES EN LIBROS INFORMATIVOS

 Chegaron moitos libros informativos de temática moi vairada: música, fotografía, historia, ciencias...

Achégate á Biblioteca a botar un ollo. Son moi interesantes.




miércoles, 18 de mayo de 2022

MÁIS SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 Alumnado de varios cursos está a facer diferentes actividades sobre a figura de Florencio Delgado Gurriarán. Para buscar a información, os rapaces e rapazas visitan a exposición que temos no soto, frente á biblioteca. 

O noso eslogan para este ano é "A festa das nosas letras".












viernes, 13 de mayo de 2022

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 Hoxe iniciamos a conmemoración do Día das Letras Galegas. No recreo tivo lugar un acto organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística e o Equipo de Biblioteca. 

Nerea Gómez e Rodrigo Otero, de 4º e 3º de ESO respectivamente, explicaron aspectos da vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán. Posteriormente, contamos coa colaboración de Falcatrueiros. Un grupo de alumnas e alumnos que forman parte desa asociación actuou ante todos nós para celebrar a Festa das Nosas Letras.


Os retratos de Florencio Delgado Gurriarán que aparecen no cartel foron feitos por alumnado de Debuxo artístico.














BANDA DESEÑADA. RECUPERANDO OS CLÁSICOS

 Seguimos recuperando clásicos da banda deseñada. Neste caso contamos coa colaboración do alumnado de 1º ESO, que realizaron uns fermosos traballos sobre Mafalda e unhas chamativas onomatopeas na clase de Educación Plástica. 



jueves, 5 de mayo de 2022

ENCONTROS COS NOSOS ESCRITORES. XOSÉ LUIS VÁZQUEZ SOMOZA

 O xoves 5 maio visitounos Xosé Luis Vázquez Somoza. Falou con parte do alumnado de ESO sobre a súa novela O conserxe. Esta obra lérona as rapazas e rapaces de 4º ESO e o alumnado de tres dos nosos clubs de lectura.






MÁIS SEMANA DO LIBRO

Durante a Semana do Libro gran parte do alumnado quixo facer algunha recomendación de lectura. Con esas recomendacións fíxose unha instalación no recibidor do instituto. 


Colaboraron co Equipo de Biblioteca os departamentos de Lingua Castelá e Plástica.






miércoles, 4 de mayo de 2022

NOVIDADES EN LIBROS INFORMATIVOS

 Chegaron novos libros de plástica, matemáticas, arte, robótica... Están á vosa disposición na biblioteca.





martes, 3 de mayo de 2022

NIN UN DÍA SEN POESÍA

 A nosa proposta para o mes de maio é este precioso e reivindicativo poema de Shirley Campbell: 



BANDA DESEÑADA. RECUPERANDO OS CLÁSICOS: TINTÍN

 ¿Coñecedes a Tintín? É o protagonista dun dos clásicos da banda deseñada. Na Biblioteca contamos con moitos títulos cos que disfrutar das súas aventuras.



NOVIDADES ABRIL

 Aquí tedes información sobre as novas adquisicións realizadas no mes de abril na a Biblioteca, en manga, novela gráfica e narrativa de ficción.




LER FAITE VOAR

 O alumnado de Plástica preparou un fondo alusivo á Semana do Libro para que o alumnado puidese facer fotos e promocionar a lectura. O resultado é espectacular.