O mércores 3 de decembro, en todas as mesas das aulas apareceron uns papeliños, escritos con diferentes tipos de letra, nos que se podía ler "O MÉRCORES TEÑO UN PROBLEMA"
O mércores seguinte, 10 de decembro, os corredores e taboleiros do centro apareceron cubertos de carteis coa mesma mensaxe
E o mércores 17 de decembro, atópamonos con unhas grandes pancartas na entrada que nos lembraban que era mércores e que .... tiñamos un problema
Que pasará o mércores 14 de xaneiro, á volta das vacacións?.
Nota: Esta entrada estaba publicada xa fai días, pero sen querermolo borrámola. Por eso aparece publicada nesta data
A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
lunes, 19 de enero de 2015
miércoles, 19 de noviembre de 2014
COMEZO DE CURSO DO CLUB DE LECTURA "ENRÉDATE COA LECTURA".
Cinco grupos (2 de 1º de ESO, 1 de 2º e 2 de 3º/4º) . Os de 1º e 2º empezamos con Lu e Go pola Muralla de Antonio Reigosa, Usha, de María Reimóndez e Lúa do Senegal, de agustín Fernández Paz, que os iremos intercambiando agora en novembro e en xaneiro (en decembro non hai xuntanza).
Os de 3º/4º empezaron con Retrato de un adolescente manchado, de Jordi Sierra i Fabra, e Corredores de sombra, de Agustín Fernández Paz. Este mes intercambiaranos.
O Club de Lectura de Adultos, "Lector@s da Ulloa" tivo a súa primeira xuntanza deste curso o 28 de outubro. Escomenzamos o curso lendo El Extranjero de Albert Camus.
A obra
conta a historia de Mersault, un
home en apariencia común e corriente, desde
que recibe a noticia da morte de súa nai, ata que é condenado por asasinato.
Pero Mersault
non é tan común e corriente, dalle
igual que o amen ou non, que o condenen
ou o absolvan. Non cree en Deus
nin na vida despois da morte. É dicir, un extranxeiro no seu mundo.
É este carácter (¿inhumano?) de Mersault o que merece
a condena, máis incluso que o asasinato. Mersault é enviado ao cadalso non polo
que fixo, senón polo que non sentiu ao facelo
A próxima xuntanza terémola o 25 de novembro. Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz, será o noso libro de diálogo e reflexión.
domingo, 29 de junio de 2014
Fin de curso dos clubs de lectura nas Illas Cíes
E para rematar o curso, tras a visita á Editorial Rinoceronte en Cangas do Morrazo, os clubs de lectura "Enrédate coa lectura I e II" e "Lector@s da Ulloa" fixemos unha fermosa excursión ás Illas Cíes.
Esperámosvos o curso que ven con novas lecturas e novas ilusións. Bo verán a todos e a todas! Ata sempre!
Etiquetas:
Actividades especiais,
animación á lectura,
BIBLIOTECAS,
club de lectura,
libros
Visitando a Editorial Rinoceronte en Cangas do Morrazo
Os clubs de lectura do IES de Monterroso "Enrédate coa lectura I e II" e o club de pais e nais "Lector@s da Ulloa" visitamos a Editorial Rinoceronte en Cangas do Morrazo.
Moisés Barcia explicounos que alí, ademáis das traducións de obras de moi diversas linguas ó galego, tamén realizan gravacións en estudo dos novidosos audiolibros e traducen e maquetan libros de texto.
Gustounos moito o selo de novela gráfica sushi edicións. Unha visita cultural moi interesante para
este final de curso dos sempre dinámicos clubs de lectura da biblioteca do IES de Monterroso.
Moisés Barcia explicounos que alí, ademáis das traducións de obras de moi diversas linguas ó galego, tamén realizan gravacións en estudo dos novidosos audiolibros e traducen e maquetan libros de texto.
este final de curso dos sempre dinámicos clubs de lectura da biblioteca do IES de Monterroso.
Etiquetas:
Actividades especiais,
club de lectura,
libros
Suscribirse a:
Entradas (Atom)