O Club de Lectura de Adultos, "Lector@s da Ulloa" tivo a súa primeira xuntanza deste curso o 28 de outubro. Escomenzamos o curso lendo El Extranjero de Albert Camus.
A obra
conta a historia de Mersault, un
home en apariencia común e corriente, desde
que recibe a noticia da morte de súa nai, ata que é condenado por asasinato.
Pero Mersault
non é tan común e corriente, dalle
igual que o amen ou non, que o condenen
ou o absolvan. Non cree en Deus
nin na vida despois da morte. É dicir, un extranxeiro no seu mundo.
É este carácter (¿inhumano?) de Mersault o que merece
a condena, máis incluso que o asasinato. Mersault é enviado ao cadalso non polo
que fixo, senón polo que non sentiu ao facelo
A próxima xuntanza terémola o 25 de novembro. Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz, será o noso libro de diálogo e reflexión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario