"A virxe do Chanceller Rolin" trátase dunha pintura primitiva flamenca do s. XV. O seu autor é Jan Van Eyck.
O cadro recolle o momento en que o Chanceler ora á virxe María. É un retrato, xénero novedoso a finais da Idade Media que terá unha gran importancia no Renacemento. Trátase dunha temática relixiosa pero aparece desacralizada, os personaxes atópanse nunha estancia do século XV e visten ropaxes contemporáneos moi luxosos.
O Chanceller Rollin foi un home de orixe relativamente modesta que
chegou a acadar fortuna. Diplomático influínte, era o home de confianza do
duque de Borgoña, e encargou este retrato coma imaxe privada de devoción. Era
coñecido polas súas dotes políticas, pero tamén pola súa vaidade, que queda
demostrada polo feito de aparecer fronte a Virxe nunha posición de igual a
igual.
Aparece representado invadindo o
espacio da Virxe, sen distancia nin separaciónxerarquica: o doante ricamente
vestido de xeonllos nun reclinatorio, interrompe a súa oración para mirar a
Virxe, coroada por un anxo, que sostén ao neno Xesús, que bendice ao chanceler.
Destaca o detallismo excepcional na coroa da Virxe, e as luxosas roupaxes dos protagonistas.
Unha galería de tres arcos de
medio punto abre a un xardín que remata nunha muralla pola que asoman dous
individuos ante unha cidade en medio dunha paisaxe chá (paisaxe de Flandes de baixo horizonte) atravesada
por un río, que se perde nun fondo montañoso.
As obras de Van Eyck, “O
matrimonio Arnolfini” e “A virxe do Chanceler Rolin” abre novos camiños á
pintura xa que supón unha ruptura co mundo medieval poñendo as bases para o
Renacemento
Olalla Vázquez, 2º BAC A
Olalla Vázquez, 2º BAC A
No hay comentarios:
Publicar un comentario