O día vinte e un de decembro de 2021, fíxose entrega dos premios acadados durante o primeiro trimestre nos distintos concursos que o EDL convocou ó longo do trimestre en colaboración co departamento de L. Galega e L. e co Grupo de Traballo da Biblioteca.
Os xurados que se reuniron para valorar os traballos presentados a estes concursos estaban formados por dous profesores, dous alumnos (que non participaban no concurso) un membro do persoal non docente e a coordinadora do EDL que actuou como secretaria con voz pero sen voto. Estes xurados tiveron moi difícil a escolla dada a calidade dos traballos presentados.
- A alumna Xiana Fernández Fente de segundo da ESO A acadou TRES destes premios: o primeiro premio do Concurso de Relatos de Terror, o segundo premio do Concurso de Relatos de Nadal e o segundo premio do Concurso de Postais de Nadal.
- A alumna Iria Vázquez López de segundo da ESO A acadou DOUS premios: o primeiro premio do concurso de Relatos de Nadal, o segundo premio do Concurso de Relatos de Terror.
- O primeiro premio do Concurso de Postais de Nadal gañouno Naiara Fernández Conde de 3º da ESO B.
- O terceiro premio do Concurso de Relatos de Terror foi para Ángela García García de 1º ESO A.
- A alumna Lucía Vázquez Gómez de 1º de BAC A levou o 3º premio no Concurso de relatos de Nadal.
As postais presentadas ó concurso expuxéronse nun taboleiro na entrada principal do IES. Na montaxe do taboleiro participou o alumnado de 3º de PMAR e de FPBII.
No hay comentarios:
Publicar un comentario