Durante os meses de decembro e xaneiro no club de lectura Lector@s da Ulloa, lemos dous libros, que comentamos na reunión que se celebrou o martes 26 de xaneiro.
El rey recibe, de Eduardo Mendoza
A opinión case unánime dos membros do club foi que a lectura desta novela resultou un pouco decepcionante, xa que nos pareceu complexa e árida.
O feito de que forme parte dunha triloxía implica que careza de final, deixando o camiño aberto a unha continuación.
O xardineiro dos ingleses, de Marcos Calveiro
Os membros do club de lectura coincidimos en que a historia de Delia e Miro resulta moi entretida.
Destacamos como se reflicte a pegada dos diferentes acontecementos históricos de principios do século XX na vida do pobo de Vilagarcía.
Igualmente nos sorprendeu como o autor recupera, ao final da narración, a figura do alemán e a súa relación co Cemiterio dos Ingleses.
En definitiva, trátase dunha obra moi recomendable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario