A Biblioteca do IES Monterroso (Lugo) pon en marcha este blog como punto de información e debate sobre a lectura e os libros no centro, dende un curruncho lucense para todo o universo coñecido. Foro aberto e libre, plataforma indispensable do noso Club de Lectura, este blog demostra que non todo está nos libros...
lunes, 7 de mayo de 2018
SEMANA DO LIBRO
Este ano decidimos adicar a Semana do Libro á novela de Antoine de Saint-Exupéry, O Principiño, para conmemorar o 75 aniversario da súa publicación.
O departamento de Educación Plástica encargouse da decoración.
As alumnas de francés de 2º de Bacharelato deron a coñecer esta obra ao alumnado máis novo, de 1º, 2º e 3º de ESO: realizaron lecturas de varios capítulos en francés e en galego e interactuaron cos seus compañeiros/as para faciliar a interpretación dalgúns episodios.
O departamento de Lingua castelá convocou un concurso. A partir da lectura do Principiño, o alumnado participante podía resolver preguntas e encrucillados, que ían dando acceso a diferentes premios. Foron 6 os/as finalistas, que puideron participar no sorteo dunha tablet. O premiado foi Pablo Gómez García, de 1º ESO A. Os outros 5 finalistas gañaron uns altavoces inalámbricos.
Estas actividades contaron coa colaboración do Equipo de Biblioteca.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario