Os membros do club de lectura de 1º e 2º de ESO do IES de Monterroso e os do IES de Palas de Rei tivemos, o pasado xoves día 7, un encontro con Antonio Reigosa, autor do libro "Lu e Go pola muralla". Guiados polo autor, e seguindo as aventuras de Lu e go, comezando na porta Miñá, percorremos a Muralla de Lugo. Aprendimos moitas cousas da historia da cidade e das portas da súa muralla, e estivemos nos escenarios das aventuras do gato Lu e e do rato Go.
Tamén vos podemos contar que Reigosa nos adiantou que a cadela Laia, protagonista secundaria na obra de Lu e Go, e que ven de pasar a mellor vida, será a protagonista principal da súa próxima obra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario