domingo, 31 de octubre de 2010

O día das bibliotecas celebra o Samaín

O luns 25 de outubro festexamos o día das Bibliotecas con un contacontos de relatos de terror, levado a cabo por Inés , da Xente das Palabras. A que nos narrou "A morte de Bieto" de Rafael Dieste, Ademáis de lendas urbanas de Arrepíos e outros medos , de Reigosa e Miranda.

Neste obradoiro-contacontos os rapaces de ESO escoitaron contos , riron e participaron describindo qué é o medo para eles, no caso dos alum@s de 1º ciclo.








Os máis grandes arrancaronse tímidemente a contar historias que lle contaban seus avós, como foi o caso de Montse de 4º A,
da que esperamos que nos escriba a historia para poder colgala neste blog.





Outro dos participantes no relato de experiencias foi o alumno de 4º , Héctor Rivas, que nos tivo en intriga durante os 10 minutos que durou a narración do seu relato rematando por tomarnos o pelo a todo, ja,ja,ja. Nembargantes teño que decir que dominou totalmente a técnica da narración oral; narrar en primeira persoa, dar datos concretos de cidades, datas e persoas que o acompañaban que poidan asegurar os feitos ( testigos), enfiado dos feitos foi continuo e sen intromisións, creando falsos desenlaces ata rematar ca nosa sorpresa e a súa gargallada. Para aqueles que non podéirades oirlle contar a historia pedídelles que a repita, non ten perda.



No hay comentarios:

Publicar un comentario