jueves, 26 de mayo de 2022

POESÍA VISUAL

 Aquí temos uns preciosos traballos de escritura e animación á lectura realizados polo alumnado de 1º ESO na materia de Educación Plástica. 


 

Para velos é preciso utilizar este enlace:

👇

 POESÍA VISUAL

 






 

miércoles, 25 de mayo de 2022

STOP LGTBIFOBIA

 Con motivo do Día contra a LGTBIfobia aproveitamos para dar a coñecer ao alumnado as novidades de lecturas LGTBI que chegaron á Biblioteca, ao tempo que concienciamos ás rapazas e rapaces sobre o problema que supoñen a homofobia, a transfobia e a bifobia.



jueves, 19 de mayo de 2022

MÁIS NOVIDADES EN LIBROS INFORMATIVOS

 Chegaron moitos libros informativos de temática moi vairada: música, fotografía, historia, ciencias...

Achégate á Biblioteca a botar un ollo. Son moi interesantes.




miércoles, 18 de mayo de 2022

MÁIS SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 Alumnado de varios cursos está a facer diferentes actividades sobre a figura de Florencio Delgado Gurriarán. Para buscar a información, os rapaces e rapazas visitan a exposición que temos no soto, frente á biblioteca. 

O noso eslogan para este ano é "A festa das nosas letras".












viernes, 13 de mayo de 2022

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 Hoxe iniciamos a conmemoración do Día das Letras Galegas. No recreo tivo lugar un acto organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística e o Equipo de Biblioteca. 

Nerea Gómez e Rodrigo Otero, de 4º e 3º de ESO respectivamente, explicaron aspectos da vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán. Posteriormente, contamos coa colaboración de Falcatrueiros. Un grupo de alumnas e alumnos que forman parte desa asociación actuou ante todos nós para celebrar a Festa das Nosas Letras.


Os retratos de Florencio Delgado Gurriarán que aparecen no cartel foron feitos por alumnado de Debuxo artístico.