miércoles, 21 de enero de 2015

O MÉRCORES TEÑO UN PROBLEMA



Solución ó Problema nº 1.
8 cigarros.
As 49 cabichas que atopa permítenlle facer 7 cigarros (7 cabichas cada cigarro). E eses sete cigarros xeneran outras 7 cabichas, que lle permiten facer un cigarro máis
Acertaches?..... Tes 10 puntos.

Non acertaches?.... Non te preocupes. Ainda quedan moitos problemas. Esto non é como empeza, é como remata. Pasa pola Biblioteca, recolle o 2º Problema, búscalle solución e entrega a resposta antes do segundo recreo do martes da vindeira semana.


PROBLEMA Nº 2. (21/01/2015)

Buscando auga, unha ra caeu nun pozo de 30 m. de fondo. No seu intento de saír, conseguía subir 3 metros cada día, pero pola noite esvaraba e baixaba 2 metros. Cantos días tardou a ra en saír do pozo?

(Entrega a resposta na Biblioteca antes do 2º recreo do martes 27 de xaneiro)

lunes, 19 de enero de 2015

O MÉRCORES TEÑO UN PROBLEMA



O MÉRCORES TEÑO UN PROBLEMA

PROBLEMA Nº 1. (14/01/2015)

Un vagabundo fai un cigarro con cada sete cabichas que atopa no chan. Cantos cigarros poderá fumar se atopa 49 cabichas.


(Entrega a resposta na Biblioteca antes do 2º recreo do martes 20 de xaneiro)

O MÉRCORES TEÑO UN PROBLEMA

Por fin aclarouse o misterio do problema do mércores. O Mércores 14 de xaneiro os corredores e taboleiros do centro estaban cheos de carteis aclarando o misterio xerado co problema do mércores
Agora.... so queda participar.
Nota: O mesmo que a entrada anterior. Esta enttrada estaba publicada o mércores pasado, pero sen querelo tamén foi borrada.