jueves, 22 de noviembre de 2012

"Over my dead body" de Mona Hatoum



"Over my dead body" ("Sobre mi cadáver") é o título do cadro da artista Mona Hatoum. ésta aparece representada de perfil mirando, con altivez, a un soldado de xoguete  que se atopa sobre o seu nariz, tan molesto como se de unha mosca se tratase.
A mensaxe é clara e contundente;  a guerra e a opresión  son realidades cuxa importancia non debe reducirse.  Por desgracia, no mundo no que vivimos, aínda que tentamos a reducir  e ver os conflitos que existen en numerosas partes do mundo, éstes seguen  ahí e nos atañen a todos.

Mona Hatoum naceu en Beirut no seno dunha familia palestina. É unha das artistas máis recoñecidas no panorama artístico contemporáneo.

martes, 13 de noviembre de 2012

Libro-estrela: "El clan del oso cavernario"




Este libro é o primeiro dunha saga que ata o momento consta de cinco volumes, "Los hijos de la Tierra". Unha obra que ben podería ser un tratado antropolóxico, unha forma de facernos visualizar a historia do inicio da humanidade, ese momento no que poderíamos dicir que xurde a nosa especie.
Vexmos un pouco do que vai o libro:
Ayla é unha nena Homo Sapiens de cinco anos que queda illada da súa tribo por culpa dun terremoto. É acollida por un grupo de neandertales, inferiores na orde evolutiva. Ayla é evidentemente distinta e convértese axiña nunha nena forte e independente, cun grande instinto de supervivencia, que cuestiona as normas que son de obrigado cumprimento e que ten unhas cualidades que provocarán o rexeitamento da sociedade coa que convive (O Clan) e mesmo chegará á súa expulsión e ter que vivir en soidade.
"El clan del oso cavernario" fíxome reflexionar sobre infinidade de temas: a evolución da humanidade, a importancia de pertencer a un grupo, a exclusión social, o valor da comunicación, a soidade, o concepto de beleza...

viernes, 9 de noviembre de 2012

Un poema para cada día: "El gato" de Charles Baudelaire


Hermoso gato, ven a mi pecho amoroso;
comprime el filo de tus uñas;
y deja que me hunda en tus bellas pupilas,
de ágata y metal.
Cuando gustosos mis dedos acarician
tu cabeza y tu flexible lomo
y mi mano se embriaga en el goce
de rozar tu cuerpo magnético,
veo a mi mujer en espíritu; su mirada,
dulce animal, como la tuya
fríay honda, taja y corta cual dardo.
Y, de los pies a la cabeza,
una brisa sutil, de peligroso aroma,
nadan en torno de su cuerpo moreno.

Charles Baudelaire; ""Las flores del mal"

Charles Baudelaire (1821- 1867) foi un poeta , tradutor e crítico francés. Foi chamado poeta maldito pola súa vida de excesos e pola visión do mal que impregna a súa obra. Económicamente vai de fracaso en fracaso, dilapidando a fortuna herdada do seu pai. Baudelaire é brillante, de conversa sorprendente, pero a súa imaxinación o convirte en mitómano; a súa viaxe a India, os seus amores inaudiotos, o seu vicio e a súa perversidade, a súa homosexualidade e os seus proxectos editoriais forman parte da súa vida. Baudelaire é un autor romántico e precursor do simbolismo. 
Este poema "Le chat", pertence a súa obra "Las flores del mal". O autor crea este poema como unha simbiose do gato e da muller. Fálalle o gato como se fora ela. Ve no gato a beleza da muller acompañada dos seus mistertios. O que quere reflexar o autor é que a muller é un animal astuto que coa súa fermosura e o seu misterio envolve ó home para xogar con él.

jueves, 8 de noviembre de 2012

O cadro da semana: "A leiteira" de Vermeer




“A leiteira” é unha obra de Vermeer, pintor holandés do século XVII.
O cadro representa unha escena cotiá; unha muller vertendo leite dun xarro. A muller atópase nunha habitación vacía, xunto a unha ventá que ilumina os obxectos A muller e os obxectos representados son moi detallistas, todo nos nos parece moi real..
É un cadro que produce sosego e que transmite o silencio, só interrumpido polo ruido do leite ó verterse da xarra.

Os artistas do século XVII holandés buscan representar a realidade máis inmediata, máis cotiá. Este cadro de Vermeer o logra.

miércoles, 31 de octubre de 2012

Lector@s da Ulloa: "El señor llega" de Torrente Ballester


Este curso o club de pais e nais "Lector@s da Ulloa" comezou a súa andaina coa obra "El señor llega", primeira parte da triloxía "Los gozos y las sombras" do ferrolán Gonzalo Torrente Ballester. É, sen dúbida, unha das obras cumbre da literatura española do século XX.
A Pueblanueva del Conde chega, despois duns anos estudando  en Viena, Carlos Deza, representante do poder señorial na vila. A este enfróntase Cayetano Salgado que encarna a unha burguesía comercial en ascenso. O proletariado e as súas reivindicacións atópanse personificadas en Juan Aldán.
As transformacións políticas, económicas e sociais de Galicia durante os anos da II República plásmanse perfectamente nesta obra, á que se engaden as paixóns, amores e  desamores, a cobiza e a envexa entre os diversos personaxes que circulan pola novela.
Os membros do club disfrutamos enormemente desta obra, un clásico da literatura do XX.
"El señor llega" é o libro estrela do IES esta semana.