miércoles, 7 de marzo de 2012

8 de marzo, Día da muller traballadora. O sufraxio feminino


Tras a I Guerra Mundial e coa forza do sufraxismo acadouse o voto feminino que no século XIX non se contemplaba. Aquí tedes algunhas desas datas claves por países:

Datas do sufraxio feminino

Nova Zelanda 1893

Australia 1901

Finlandia 1906

Noruega 1913

Dinamarca 1915

Reino Unido

1918 (+30 años)

Alemaña 1918

Países Baixos 1918

Polonia 1918

Rusia 1918

Austria 1918

Bélxica 1919

Estados Unidos 1920

República Checa 1920

Eslovaquia 1920

Suecia 1921

España 1931

Francia 1945

Italia 1945

Grecia 1952

Suiza 1974


8 de marzo: Día da muller traballadora


A I Guerra Mundial (1914-1918) tivo un importante impacto sobre as mulleres. Ao faltar os homes, que se atopaban nos frentes de batalla, as mulleres tiveron que reincorporarse ao traballo das fábricas de armamento e de municións, da industria textil e doutras que quedaran sen man de obra masculina. Sen embargo os salarios das mulleres que substituíron aos homes era máis baixo. Cando remata a guerra, as mulleres foron desprazadas dos seus traballos, nutrindo así as filas do desemprego. E aí cando se inicia o movemento feminista que loitaba pola igualdade no traballo e que tamén reivindicaba a obtención do voto feminino. Nace así , de xeito simultaneo, o sufraxismo. O feminismo é un movemento de toma de conciencia e loita das mulleres polos seus dereitos e a súa emancipación social, así como a igualdade real na sociedade. O sufraxismo é un movemento no que as mulleres reclaman os seus dereitos políticos, especialmente o dereito ó voto. Dentro deste movemento individualízase un sector radical, as sufraggetes, que utilizaban medios de loita violentos para a consecución dos seus obxectivos. Moitas destas mulleres foron a parar á cadea. No ano 1918 as mulleres conseguen o seu dereito ó voto en países como Gran Bretaña ou Alemaña. Sen embargo, aínda quedaba un longo camiño por percorrer. En España, o sufraxio feminino non se fai efectivo ata 1933 durante o período histórico da II República. Por último, cabe destacar na loita do feminismo e do sufraxismo mulleres como Clara Zetkin, Rebeca West, Christabel Pankhurst e Clara Campoamor, entre outras



martes, 28 de febrero de 2012

Lector@s da Ulloa: ""La casa del propósito especial"


Na reunión do último xoves do mes, como xa é habitual, o club de lectura "Lector@s da Ulloa" deu a súa opinión sobre "La casa del propósito especial" de John Boyne. Houbo unanimidade entre os membros do club; "unha obra que te envolve dende o principio", "non podes deixar de lela ata o final", "unha historia ficticia con fondo histórico", "unha obra desas que tanto nos gustan, cun telón histórico detrás"... Foron as opinións expresadas por algúns dos membros do club.

"La casa del propósito especial" narra a historia de Anastasia, unha das fillas dos últimos zares de Rusia, que logrou escapar o triste destiño en Ekaterimburgo, lugar do asasinato dos Romanov. Coa revolución de fondo e ao longo da historia do século XX o lector vive unha historia de amor dun criado do zar cunha das altezas reais do esplendoroso Imperio ruso.

Cadro-estrela da semana: "A noite estrelada" de Vincent Van Gogh


"A noite estrelada" é unha obra realizada por Vincent Van Gogh. O cadro e o autor pertencen ao chamado Posimpresionismo, un movemento artístico que comeza tras o Impresionismo. Os posimpresionistas van máis alá que os impresionistas xa que tratan de volcar na súa pintura un sentimento interior. Por este motivo son máis rupturistas que os anteriores. O Posimpresionismo desenvólvese na época da II Revolución Industrial, resultado das transformacións económicas e tecnolóxicas da segunda metade do século XIX e que deron lugar a unha nova sociedade de clases.Entre as características da pintura posimpresionista cabe salientar a temática da paisaxe, as liñas feitas cunha pincelada grosa produto da moda chegada a Europa da estampa xaponesa, así como a plasmación do estado anímico do autor. No cadro, Van Gogh amosa unha paisaxe na que destaca a luz das estrelas a través dun trazo de espirais que dominan o ceo e os cipreses do primeiro plano, todo isto obtido a partir das pinceladas máis persoais da historia da pintura. Ao fondo apréciase a silueta dun pobo, e as liñas do contorno dos edificios marcadas cos característicos trazos grosos. Os tons utilizados polo pintor son os malvas, morados e amarelos que plasman o estado de ánimo de Van Gogh. As liñas retorcidas amosan o seu interior atormentado.Van Gogh e a súa "Noite estrelada" son grandes referentes na historia da arte.

martes, 7 de febrero de 2012

Cadro-estrela da semana: "A balsa da Medusa"


“A BALSA DA MEDUSA” é un cadro romántico do autor francés Gericault. A pintura é un canto á esperanza; uns náufragos ao divisar ao lonxe ao barco salvador comezan a axitar o que queda das súas roupas para ser salvados despois da traxedia. O autor quere amosarnos esa desesperación e o ánimo dos supervivintes. A pintura ten unha composición piramidal, triangular; vai desde os mortos situados nun primeiro plano, ata os que intentan erguerse nun segundo plano, e os que conforman o vértice da pirámide e axitan as súas roupas para chamar a atención do barco. A paisaxe na que están inmersos é terriblemente ameazadora, ondas dun mar embravecido e un ceo de negros nubarróns. Sen embargo, ó fondo, a luz dun claro, que xunto ao barco simboliza a esperanza. Os claroscuros dos corpos espidos intensifican no espectador os sentimentos de horror.“A balsa da Medusa” é un dos grandes cadros do Romanticismo.Reflexa un acontecemento real que conmoveu a toda Francia no século XIX.