jueves, 16 de febrero de 2023

CLUB DE LECTURA "LECTO@S DA ULLOA"

 En decembro e xaneiro lemos dúas novelas que recomendamos porque nos gustaron moito.

Trátase de A trenza, de Laetitia Colombani e Golpes de luz, de Ledicia Costas.



Na primeira destacamos unha personaxe: a avoa, sempre acompañada do seu martelo.

Na segunda impactounos a loita de tres mulleres que, aínda que aparentemente non teñen nada en común, vense unidas como nunha trenza.

NO MES DE XANEIRO, ¡BORDÁMOLO!

 Durante o mes de xaneiro dedicámonos a bordar nos segundos recreos na biblioteca.



E o resultado é este...






SESIÓNS DE XADREZ

 Desenvolveuse una simultánea de xadrez na biblioteca na que Miguel Varela, profesor do departamento de matemáticas xugou dez partidas de xadrez ao mesmo tempo.


 Debido ao interés suscitado, a partir de xaneiro, no primeiro recreo dos luns, haberá obradoiros de xadrez para todos os que queiran aprender ou mellorar o seu xogo.



jueves, 22 de diciembre de 2022

RECOMENDACIÓNS PARA NADAL

 O equipo da biblioteca quere desexarvos unhas marabillosas festas de Nadal. Por iso, e con todo o cariño, propoñemos estas lecturas para as vacacións.






NOVIDADES DECEMBRO

 Chegaron novos libros á biblioteca. Parécennos títulos moi interesantes. Podedes aproveitar el levar lectura para as vacacións de Nadal.