jueves, 23 de junio de 2011

O rapeiro El Chojin visita a nosa biblioteca


El Chojin visitou un dos rincóns máis apreciados do IES: a nosa biblioteca. Alí asinou o seu libro "Ríe cuando puedas, llora cuando lo necesites". Os seus temas constitúen sempre unha crítica social. Nos seus textos aparecen alusións a non violencia, a inmigración e o racismo imperante na sociedade actual, así como a súa posición contraria as drogas e o alcohol. Utiliza o rap para concienciar e sensibilizar aos xoves dos problemas da sociedade na que vivimos.

sábado, 18 de junio de 2011

Como cada ano o equipo de Dinamización Lingüística agasállanos ca revista da é partícipe o noso alumnado, A leira dos Trasnos, que este ano tamén se presenta en formato dixital:

martes, 14 de junio de 2011

CARLOS MASIDE


Esta quincena adentrámonos na obra de Carlos Maside,recoñeciso debuxante e pintor galego do século XX.
Presentou a súa obra a varias exposiciones e colaborou cos seus debuxos en diversas publicacións periódicas como El Sol, El Pueblo Gallego, Nueva España, etc. En París aprende novas técnicas, como podemos observar a estética do grabado xaponés nas estampas coloreadas como O mercado, Pescantinas, Lavandeiras, Nena con regadeira, Vellas orando no tímpano de San Fiz, etc. No 1928 empeza a pintar óleos e destacarán cadros como Tendas, Moneca, Cabezudos, Autorretrato e Muller sentada, cadro estrela desta semana debuxado e coloreado polo alumado de 3º ESO. Nos anos de posguerra chega a plenitud artística con obras como A Cacharreira, Estaleiro, Campesinas en roda, Dúas paisanas, Costureira, Cociña, Mercado, Vendedora de pescado... Completan su producción artística outras obras como A sorte do paxariño, A sesta, Muiñeira... Tamén realizou as ilustracións para o libro Retrincos de Castelao.

sábado, 4 de junio de 2011

Dereito dos nenos a escoitar contos

1. Todo neno, sen distinción de raza, lingua ou relixión, ten dereito a escoitar os máis fermosos contos da tradición oral dos pobos, especialmente aqueles que estimulen a súa imaxinación e a súa capacidade crítica.
2. Todo neno ten dereito pleno de esixir que os seus pais lle conten contos a calquer hora do día. Aqueles pais que sexan sorprendidos negándose a contar un conto a un cativo, non só incurren nun grave delito de culpa senón que arríscanse a que os seus fillos nunca máis lle volvan pedir un conto.
3. Todo neno que non teña a ninguén que lle conte contos, ten absoluto dereito a elixir a un adulto que llos conte, sempre e cando este demostre que o fai con amor e tenrura, que é como se contan os contos.
4. Todo neno ten dereito a escoitar contos sentado nos xeonllos dos seus avós. Aqueles que teñan vivos aos seus catro avós poderán cedelos a outros nenos que non os teñan. Do mesmo xeito, aqueles avós que non teñan netos teñen a liberdade de ir a escolas, parques e outros lugares de concentración infantil donde poderán contar todos os contos que desexen.
5. Todo neno está no dereito de saber quen son José Martí e Andersen, entre outros. Os adultos teñen a obriga de poñer o seu carón todos os libros, contos e poesías destes autores.
6. Todo neno goza do dereito de coñecer as fábulas, os mitos e as lendas da tradición oral do seu país.
7. O neno tamén ten dereito de inventar e contar os seus propios contos ou modificar os xa existentes, creando a súa propia versión.
8. O neno ten dereito a esixir contos novos. Os maiores teñen a obriga de nutrirse de xeito permanente de novos e imaxinativos relatos, propios ou non, con ou sen reis, longos ou curtos. A única obriga é que sexan fermosos e interesantes.
9. O neno sempre ten o dereito de pedir outro conto e tamén que lle conten un millón de veces o mesmo.
10. Todo neno, por último, ten dereito a crecer xunto ás aventuras de Tío Tigre e Tío Coello, daquel cabalo que era tan fermoso e do inmortal Había unha vez..., a palabra máxica que abre as portas da imaxinación no roteiro cara os soños máis fermosos da infancia.

Asociación Colombiana del Libro Infantil

Grazas Paz por esta fermosa aportación

Día das Letras Galegas: "O achado do castro"


A tarde do pasado luns día 30 de maio celebrouse o Día das Letras Galegas no centro. Todo o alumnado puido asistir e disfrutar da representación teatral "O achado do castro" do autor Manuel Núñez Singala, a cargo do grupo de teatro de Antas de Ulla. O argumento da obra é o seguinte: Manolitus e Carmiñae son dous rapaces namorados, pero o Emperador, pai de Carmiñae, non consinte tal relación, e tampouco Arpexia, nai de Manolitus, que é a comerciante máis rica do Imperio. Por si fora pouco catro ladroas tentan roubar, sen demasiado éxito, a coroa do Emperador. A todos estes personaxes temos que sumar dúas escravas, unha sabia que non o é tanto, e tres soldados romanos con moi poucas luces. Todo isto da lugar a esta divertida comedia romana.

jueves, 2 de junio de 2011

Animación á lectura: Charla co monterrosino Daniel Salgado


O vindeiro luns día 13 de xuño, os alumnos de 4º ESO e 1º BAC poderán disfrutar dunha charla co monterrosino Daniel Salgado, especialista na obra de Lois Pereiro, homenaxeado este ano nas Letras Galegas. Daniel Salgado é licenciado en ciencias da comunicación e doutorado en Filoloxía Galega pola USC. É director de "Ariel", boletín quincenal de cinema en galego, colaborador de "A trabe de ouro", de "A Nosa Terra", "Dorna" e "Xistral". Foi tradutor ao galego de Allen Ginsberg e como poeta gañou varios premios; en 2002 o Premio de Poesía "Uxío Novoneyra" coa obra "Sucede", en 2004 o Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño co libro "Agora qué" e en 2004 o Premio Esquío de Poesía por "Días no Imperio".

O mundo de Senén Olano


O vindeiro luns día 6 de xuño a partir das 16.00h o alumnado de 1º BAC poderá disfrutar dunha charla-conferencia sobre "Feísmo arquitectónico" a cargo do artista Senén Olano.
Senén Olano é arquitecto, deseñador e defínese como autodidacta por vocación. Como indica no seu blog "El mundo de Senén Olano" "Entiendo la creación como un todo indisoluble pero teniendo muy claro que un edificio no es un cuadro, un arquitecto no es un artista y que uno debe saber siempre lo que hace, porqué lo hace y cuando merece la pena hacerlo"Un pracer telo connosco no centro